Artigo de César Molinas.
César Molinas expón a decadencia da clase polítca, intentando facer un epílogo, unha pequena historia desta realidade presente.
Corrupción, burbullas inmobiliarias, monopolios...a verdade é que o autor non descrube nada que a sociedade non estea acostumada a ver, dentro dun plano nacional ou local, case diariamente.Pero máis ca o referente ó artigo , no que volvo a repetirme non expón nada novidoso, o sorprendente é a aceptación da sociedade ante este tipo de feitos ilegais, como estas accións acércanse a un día a día, á naturalidade, a normalidade. Un xogo perigoso que pode entrar nunha espiral de continua decadencia e desgaste. Estamos acostumados a afiliar a política con roubo, diñeiro, corrupción mentira...e non lealtade, honradez, sacrificio. Platón dí no seu libro " A República", que os gardiáns do Estado teñen que ser pobres, para que nunca saiban o que é ter riqueza. A sociedade non pode naturalizar as malas accións dos politicos , non poden permitir que o abismo que nos persigue dende a transición se faga máis meirande, non pode sumirse a un partidismo irrenunciable. Un voto, un cambio.
Estructuralmente , o artigo marca un tipo de liña temporal do exemplo de pasado , presente e futuro, sen agochar nunca a opinión persoal do autor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario