jueves, 20 de septiembre de 2012
Debate
Introducción e presentación dos elementos:
Este debate contará cun moderador, que será o ente que leve o ritmo do mesmo. A súa función é expoñelos temas,dar paso ós participantes e rematar cas súas conclusións dende o punto de vista neutro e como figura que non participa directamente nas opinións.Caracterizárase pola súa imparcialidade,severidade a hora de dar e quitar a palabra, e a análise final.O moderador ten que percatarse e sentir que o debate e unha ferramenta única e exclusivamente del.Preferiblemente será o docente que imparte a asignatura.
Alumnado: é a pequena sociedade que dinamiza as propostas (sexa calsexa o tipo de esquema elixido) que propón o moderador.Deberán debatir con respecto, sen comerse o turno de palabra (aqui xoga un papel fundamental o moderador), e sendo o máis breve e conciso posible, sempre percatándose do límite de tempo existente e sin monopolizar a dinámica do debate.As intervencións seran sempre individuais, nunca en grupo, porque só o alumno como si mesmo e capaz de expoñer a súa idea ou opinión, sen estan influído por outro tipo de ideoloxía ca que non se sinta identificado e o seu grupo defenda.
Mecánica:
O moderador abrirá a sesión, e introducirá unha pregunta ou afirmación para que se empecen a dinamizar as opinións. Estas afirmacións ou empreguntas serán unha "trampa" para intentar polemizar.
Exemplo: O moderador abre o debate cunha afirmación: "Sen dúbida o mellor para Galicia e a continuidade do presidente Feijoo".
A raiz desa afirmación comeza o debate.Este método constará de catro preguntas ou catro afirmacións( ou mixtas) que terán un limite de tempo de resposta exposto polo moderador.
Conclusións:
As conclusión obteraas o moderador ó remate do debate. Exporá as clonclusiós que determinou tras ver as resportas a cada pregunta ou afirmación e determinando a resposta común da maioría.
Obxetivos:
Intentar documentarse ante as afirmacións e preguntas que expón o moderador, para romper un pouco o debate preparado e argumentar con feitos físicos.Inténtase debatir razoablemente, pero sen perder a intensidade, e que cada participante defenda a súa postura con argumentos. Esta dinámica pode descubrir novos razoamentos que os debatentes non coñecen e pódense sentir atraídos cambiando a súa postura inicial. A participación individual permite naturalizar o discurso así como unha maior participación do estudantado. Se o moderador obserba que existe unha intervención continua da mesma xente, pode pedir o razoamento a dedo do alumnado que non quere intervir. Este tipo de debate só intenta romper o clasicismo exposto nos medios , que nalgún momento ha de mudar a súa forma.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario