viernes, 30 de noviembre de 2012
Importancia da bibliografía
Respecto á importancia e como citar, cuestións que estamos bordando nas últimas clases quería expresar a miña opinión sobre o noso descuido á hora de non referenciar, de non indicar a orixe, a fonte dos nosos traballos xornalísticos, para mín, unha mala costume que deixa de entredíto a ética e a moral xornalística.
Toda a investigación comeza cun proceso de documentación. Aínda que esta labor é especialmente
intensa ó comezo dun proxecto, prolóngase durante toda a vida do mesmo, e complementase experimentando coa proposta de novas aportacións de coñecemento para conformar o día a día do traballo do investigador. A búsqueda e xestión de referencias bibliográficas é unha parte fundamental do proceso de investigación tal e como o coñecemos hoxe en día. É polo tanto importante saber onde
buscar fontes de información, como utilizalas, que tipos existen e sobre todo aplicar unha visión crítica das mesmas.
Esto último é especialmente útil cando citamos fontes de fiabilidade cuestionable, como blogs ou publicacións sen suficiente revisión.
As referenzas bibliográficas permiten identificar as fontes orixinais das ideas, os conceptos e os métodos,
as técnicas e os resultados que proveñen de estudos anteriores, ós que o autor tivo acceso e que dalguna
maneira orientaron o seu traballo. Desta forma queda de manifiesto que a revisión das fontes é a principal orixe na búsqueda da información do noso tempo e que as publicacións científicas constitúen un complexo entramado de coñecemento que conforma o saber da sociedade.
A presenza ou ausencia de referenzas, citas e notas a pé de páxina considérase tan indicativa da seriedade do documento. B. Latour comenta no seu “Ciencia en Acción”que o uso de referenzas pode entenderse como unha cuestión de números. É certo que cando un lector se enfrenta a un artigo con certo número de referencias consultadas a súas espaldas, para poder descalificar ó autor, deberá facelo tamén con todas as citas deste este.
En cambio, nun texto sen bibliografía, o autor e o lector teñen a mesma autoridade. Cando citamos un texto, é importante non limitarse únicamente ás referencias que apoian as nosas hipótesis. As ideas contrapostas ás permítenos reforzar as bases da nosa aportación e situala dentro do ámbito do coñecemento, confirindo máis credibilidade á mesma.
Por iso as referencias bibliográficas son a fonte da que se nutre toda a espiral de veracidade que queremos manter no texto, tal vez un dos piares básicos do xornalismo
jueves, 29 de noviembre de 2012
miércoles, 14 de noviembre de 2012
La mayor biblioteca del mundo se digitalizará y abrirá a todo el mundo
Publicado el 21 de octubre de 2007 por igarcia
En este proyecto están participando bibliotecas de todo el mundo para poder mostrar una inmensa biblioteca digital en la que todos puedan tener acceso al mayor número de volúmenes posibles, y si por increíble que parezca todo será gratuito.
Brasil, Egipto, Francia y Rusia, no se han quedado atrás y también aportan su granito de arena a los 11 millones de volúmenes que ya tiene digitalizados la Biblioteca del Congreso de Estados Unidos, todas ellas pondrán a disposición de los internautas las obras de sus bibliotecas nacionales, creando así la mayor biblioteca jamás imaginada y todo al alcance de cualquiera desde el sofá de casa.
www.worlddigitallibrary.org, será el dominio bajo el que podremos encontrar esta nueva biblioteca, que por supuesto es totalmente independiente a la de los Estados Unidos y a cualquier otra, ya que todo el proyecto sigue una marcada filosofía de universalidad que puede llevar este proyecto a unas cotas bastante interesantes.
Proyectos así hacen de este medio -Internet- la vía para realizar ideas tan descabelladas como la de reunir en un único punto la mayor colección de obras jamás vista, es evidente que siempre tendrá sus detractores, pero está claro que ideas así la avalan sin que se le pueda reprochar nada.
sábado, 3 de noviembre de 2012
Traballo en referencia ó artigo de J.Marina
Entre o estado e a parede
Resumo:
Coma un virus o sistema político e
estatal asoballa, absorbe, come , empuxa, esmaga con puño férreo e robusto,
rápido como lóstrego resoante, pero paciente e silencioso, con paso mudo e
tempo longo.José Antonio Marina non o pode expoñer mellor no seu artigo, unha odisea da realidade, que se toca, se cheira e incluso na que nos recoñecemosdentro dese marco crítico que mostra.
A sociedade como un organismo de orixe
natural e puro, está putrefacta polo virus imposto de forma repentina e
descoñecida e ante esa constante dentellada velenosa a cidadanía deixase morder
e adapta as inxustizas e irregularidades dos gobernos, así como toda esa cúpula
descoñecida e agochada tralo selo do beneficio e do diñeiro público, á súa conciencia do día a día.
A gran masa social ten que espertar e
denunciar, repudiar, esputar ese gran puño de ferro, evitando que toda esa
espiral de corrupción e intolerancia nas accións incomprensibles dos gobernante
se convertan en normalidade.
Aspectos nos que poderíamos
documentarnos
A corrupción,
esa gran lacra que persegue ó país, sería un gran comezo para entender esas
accións que nos envolven e realmente aceptamos pola afluencia constante das
mesmas.
Caso Gurtel
Operación Campeón http://www.vtelevision.es/informativos/2012/03/06/0031_26_129112.htm
Gescartera
Eres fraudulentos en Andalucía
Evidentemente neste aspecto tamén
recobra importancia a palabra democracia
e tódolos eixes que rodean á constitución a favor da cidadanía e que realmente
non se cumpren.
E concienciarse de que é realmente ou
que valores representa o Estado de
Dereito, despois de apreciar a definición e decatarnos se realmente esa
idealización e unha realidade na sociedade en xeral.
A tolerancia
, aceptar dunha forma ou outra, impotente ou indiferente, os diversos
acontecementos inxustos e ilegais ata convertelos en normais.
Esa repulsa
social,a nosa maior arma para rexeitar as acción intolerables, para
non levar a tolerancia a un acorralamento negativo. Denunciar, rexeitar e sobretodo
castigar con tódolos medios legais existentes os acoitelamentos á verdade ,a
lei e a democracia.
Penso que cas achegas feitas
no apartado anterior percíbese a composición do texto con feitos
reais, pero quixera aclarar que incluso os instrumentos legais ás veces deixan
o descontento , a xustiza malla na súa propia nai, os imputados son absoltos a
pesares das claras evidencias, toda unha cadea que incide pesimismo na
sociedade ,aquela que se sinte derrotada antes de loitar, e máis, incluso se
esta se puidese benificiar dalgún movemento ilegal ou inxusto actuaría do mesmo
modo de quen o fai.
Tal vez, isto é o resultado dunha serie
de cúmulos que veñen alentados pola nosa historia, abusos feudais, monarquías ,
guerra civil, poder da igrexa…unha serie de feitos que aínda que se sitúen nun
presente nos extremos son o puro centro do resultado que hoxe en día somos.
Esta e a meta alcanzada durante anos e
anos de sistema, e só se poden combater con outros tantos anos de revolución
social, lenta pero constante todo en base ós poderes que temos, como a educación
en termos de bondade, solidariedade, ética e moralidade, crear dunha maneira ou
outra unha nova imaxe que controle o seu futuro en igualdade, todos para todos,
e non o de todos para uns poucos.
Fontes
Constitución española
Arquvivos rtve
El país.es
Público.es
vtelevisión
Dictámenes Cumio de Lisboa.
Espacioseuropeos.com
Fontes
Constitución española
Arquvivos rtve
El país.es
Público.es
vtelevisión
Dictámenes Cumio de Lisboa.
Espacioseuropeos.com
Suscribirse a:
Entradas (Atom)