Entre o estado e a parede
Resumo:
Coma un virus o sistema político e
estatal asoballa, absorbe, come , empuxa, esmaga con puño férreo e robusto,
rápido como lóstrego resoante, pero paciente e silencioso, con paso mudo e
tempo longo.José Antonio Marina non o pode expoñer mellor no seu artigo, unha odisea da realidade, que se toca, se cheira e incluso na que nos recoñecemosdentro dese marco crítico que mostra.
A sociedade como un organismo de orixe
natural e puro, está putrefacta polo virus imposto de forma repentina e
descoñecida e ante esa constante dentellada velenosa a cidadanía deixase morder
e adapta as inxustizas e irregularidades dos gobernos, así como toda esa cúpula
descoñecida e agochada tralo selo do beneficio e do diñeiro público, á súa conciencia do día a día.
A gran masa social ten que espertar e
denunciar, repudiar, esputar ese gran puño de ferro, evitando que toda esa
espiral de corrupción e intolerancia nas accións incomprensibles dos gobernante
se convertan en normalidade.
Aspectos nos que poderíamos
documentarnos
A corrupción,
esa gran lacra que persegue ó país, sería un gran comezo para entender esas
accións que nos envolven e realmente aceptamos pola afluencia constante das
mesmas.
Caso Gurtel
Operación Campeón http://www.vtelevision.es/informativos/2012/03/06/0031_26_129112.htm
Gescartera
Eres fraudulentos en Andalucía
Evidentemente neste aspecto tamén
recobra importancia a palabra democracia
e tódolos eixes que rodean á constitución a favor da cidadanía e que realmente
non se cumpren.
E concienciarse de que é realmente ou
que valores representa o Estado de
Dereito, despois de apreciar a definición e decatarnos se realmente esa
idealización e unha realidade na sociedade en xeral.
A tolerancia
, aceptar dunha forma ou outra, impotente ou indiferente, os diversos
acontecementos inxustos e ilegais ata convertelos en normais.
Esa repulsa
social,a nosa maior arma para rexeitar as acción intolerables, para
non levar a tolerancia a un acorralamento negativo. Denunciar, rexeitar e sobretodo
castigar con tódolos medios legais existentes os acoitelamentos á verdade ,a
lei e a democracia.
Penso que cas achegas feitas
no apartado anterior percíbese a composición do texto con feitos
reais, pero quixera aclarar que incluso os instrumentos legais ás veces deixan
o descontento , a xustiza malla na súa propia nai, os imputados son absoltos a
pesares das claras evidencias, toda unha cadea que incide pesimismo na
sociedade ,aquela que se sinte derrotada antes de loitar, e máis, incluso se
esta se puidese benificiar dalgún movemento ilegal ou inxusto actuaría do mesmo
modo de quen o fai.
Tal vez, isto é o resultado dunha serie
de cúmulos que veñen alentados pola nosa historia, abusos feudais, monarquías ,
guerra civil, poder da igrexa…unha serie de feitos que aínda que se sitúen nun
presente nos extremos son o puro centro do resultado que hoxe en día somos.
Esta e a meta alcanzada durante anos e
anos de sistema, e só se poden combater con outros tantos anos de revolución
social, lenta pero constante todo en base ós poderes que temos, como a educación
en termos de bondade, solidariedade, ética e moralidade, crear dunha maneira ou
outra unha nova imaxe que controle o seu futuro en igualdade, todos para todos,
e non o de todos para uns poucos.
Fontes
Constitución española
Arquvivos rtve
El país.es
Público.es
vtelevisión
Dictámenes Cumio de Lisboa.
Espacioseuropeos.com
Fontes
Constitución española
Arquvivos rtve
El país.es
Público.es
vtelevisión
Dictámenes Cumio de Lisboa.
Espacioseuropeos.com
¿A qué corresponde esta entrada? ¿É unha aportación espcífica súa? Se a entrada está relacionada co artigo de José Antonio Marina, sería prudente mencionalo por alguna parte e facer a referencia correctamente. Tal como está, e se está asociado co texto de Marina, fáltanos a orixe da información.
ResponderEliminarVexo que vostede segue o seu blog. Nin me contestou ao anterior comentario. En todo caso, aquí vai o meu punto de vista:
ResponderEliminarBen, pero onde está a referencia ao artigo de Marina. Isto é imprescindible para identificar a fonte orixinal do traballo que se vai desenvolver.
Ademais falta o listado de fontes usadas para identificar ou más ben definir as claves do texto. Non aparece. Algo que xa dixen que non podía ser. E tampouco hai relación entre as claves do texto e as fontes.
Ademais dentro dos cometidos estaba buscar fontes axeitadas, argumentar a súa relevancia, que nos ofrecen, e aportar o listado de fontes usadas coa estrutura correcta. Esta é a nosa tarea e era o obxectivo da proposta. Había que establecer unha relación entre as claves do texto e as fontes seleccionados, establecer unha coherencia de cauda-efecto para poder plasmar a dimensión documental do traballo (comentario deixado noutros blogs). E hai que poner a relación de fontes correctamente. Isto é unha obriga. Está máis que repetido.
Xa Marita , xa me percatei dende o primeiro comentario que fixeches e cas alusións nas clases, dixeches que o podia correxir pero non me dou tempo...chegaches ti antes que eu...de todos modos non volverá a pasar ...porqyue repito, tiña pensado modificalo cando o advertiches na clase.
ResponderEliminar