viernes, 30 de noviembre de 2012

Importancia da bibliografía


Respecto á importancia e como citar, cuestións que estamos bordando nas últimas clases quería expresar a miña opinión sobre o noso descuido á hora de non referenciar, de non indicar a orixe, a fonte dos nosos traballos xornalísticos, para mín, unha mala costume que deixa de entredíto a ética e a moral xornalística.

Toda a  investigación comeza cun proceso de documentación. Aínda que esta labor é especialmente
intensa ó comezo dun proxecto, prolóngase durante toda a vida do mesmo, e complementase experimentando coa proposta de novas aportacións de coñecemento para conformar o día a día do traballo do investigador. A búsqueda e xestión de referencias bibliográficas é unha parte fundamental do proceso de investigación tal e como o coñecemos hoxe en día. É polo tanto importante saber onde
buscar fontes de información, como utilizalas, que tipos existen e sobre todo aplicar unha visión crítica das mesmas.
Esto último é especialmente útil cando citamos fontes de fiabilidade cuestionable, como blogs ou publicacións sen suficiente revisión.

As referenzas bibliográficas permiten identificar as fontes orixinais das ideas, os conceptos e os métodos,
as técnicas e os resultados que proveñen de estudos anteriores, ós que o autor tivo acceso e que dalguna
maneira orientaron o seu traballo. Desta forma queda de manifiesto que a revisión das fontes é a principal orixe na búsqueda da información do noso tempo e que as publicacións científicas constitúen un complexo entramado de coñecemento que conforma o saber da sociedade.

 A presenza ou ausencia de referenzas, citas e notas a pé de páxina considérase tan indicativa da seriedade do documento. B. Latour comenta no seu “Ciencia en Acción”que o uso de referenzas pode entenderse como unha cuestión de números. É certo que cando un lector se enfrenta a un artigo con certo número de referencias consultadas a súas espaldas, para poder descalificar ó autor, deberá facelo tamén con todas as citas deste este.

 En cambio, nun texto sen bibliografía, o autor e o lector teñen a mesma autoridade. Cando citamos un texto, é importante non limitarse únicamente ás referencias que apoian as nosas hipótesis. As ideas contrapostas ás   permítenos reforzar as bases da nosa aportación e situala dentro do ámbito do coñecemento, confirindo máis credibilidade á mesma.

Por iso as referencias bibliográficas son a fonte da que se nutre toda a espiral de veracidade que queremos manter no texto, tal vez un dos piares básicos do xornalismo

No hay comentarios:

Publicar un comentario