Prodúceme algunha confusión, cando falamos en clase da maneira de citar certos elementos, certa orixe da información. A miña pregunta é ¿ sempre ten que seguir esa orde?.
Na miña búsqueda ante como citar información provinte das páxinas web, encontrei un par de documentos que indican como citalas e non seguen a mesma esquemática que seguimos en clase, por iso me crea unha espiral de dúbida, porque non sei se existe unha "lei" universal para citar ou cada pais acada a súa maneira:
como citar contidos procedentes da web:
Autor. Titulo (en liña). sito. data. enlace.
Exemplo: : MOLINA, Vicente. “Pasión por el cine: Conversación con Susan Sontag”(en liña). México. Xaneiro 2007. <http://www.letraslibres.com/revista/convivio/pasion-por-el-cine-conversacion-con-susan-sontag >.
http://www.ub.edu/biblio/citae-e.htm#textos
Noutros non aparece o sitio.
http://www.saberderecho.com/2007/02/cmo-citar-una-pgina-web-y-como-probar.html
É certo que non existe moita diferenza, pero esa pequeno desorde conlévame a pequenas trabas mentais. Pero volvo a repetirme, talo vez sexa un fallo de apreciación meu.
está claro que as interpretacións son libres. Intentamos tanto no documento de citas como nas clases dar unhas pautas para realizar as referencias, pero tamén que hai distintos tipos de pautas, algo no que se insistiu e que aparece reflexado nos apuntes. Polo tanto, o importante é que as referencias sexan completas e que a estrutura se manteña, independentemente das normas que se utilicen.
ResponderEliminarNas refernecias de fontes dixitais non se soe especificar o lugar xeográfico, xa que, en xeral, o país aparece na propia URL. Así que non é imprescindible facer mención do mesmo. En cambio, sí é necesario especificar o lugar de edición nas fontes bibliográficas.
Non sei se aclarei a túa confusión.
Aclarado
Eliminar