martes, 2 de octubre de 2012


Quén chama á concentración ?

Según poiden encontrar , a concentración foi ideada , na súa orixe ,por tres mulleres ex manifestantes do 15M. Ante o descontento social pola actuación do actual goberno, e da politica en xeral, estas tres nais quixeron dar un paso cara adiante respecto ó 11M. Crearon un evento nunha coñecida rede social ( na que ne poucos días tiña 10000 adhesións). A chamada entre grupos habitualmente asistentes a estas réplicas, fixo que se producise un mosaico de asociacións ( izquierda castellana, izquierda anticapitalista, menbros de EQUO...)

Que pasou en Madrid ?

O pasado 25 de Setembro tivo lugar a manifestación " Rodear o Congreso". A marcha consistía en actuar tal e como marcaba a súa cabeceira "rodear" o Congreso dos Deputados en plena sesión parlamentaria, un simbolo do descontento na sociedade ante as actuacións da clase política. Según a delegación do goberno uns 6000 asistentes foron os participantes desta marcha. A tensión entre a policia e os manifestantantes deu o resultado de 64 feridos e 35 detidos, nunha cargas brutales por parte da policia que , según testigos, actuaron en exceso.

Que papel xogou a policía ?

Iso habería que preguntarllo ó ente policial. O obxetivo da policía era o de protexer, ou impedir ese rodeamento así como o descontrol dalgún grupo no seu intento por entrar no locutorio. O resultado foi exceso e brutalidade ( todo isto referente ás imaxes que mostran os canais de comunicación), e polo tanto caos . Todo sexa dito, este tipo de manifestacións nos que o alto número de asistentes sen ningun tipo de control e dificil de conlevar unha calma relativa porque non todos os asistentes levan unha pauta de coordialidade e pacifismo, senon de todo o contrario, e basta con que so unha desas persoa actue para que caia o castelo de naipes.

 Que papel xogaron os manifestantes?

Supoño que a antítesis da policia. Os manifestantes acudiron á chamada, a orixe pola que se reunían, e unha chispa salta a chamarada do volume de xente que alí asistía.

Cantos diputados asistiron ó pleno?
Só 50 deputados seguiron o pleno

Que papel xogou a clase politica ?

Como xa dixen antes, o descontento da sociedade ca actuación da clase política foi o xermen desta chamada a concentrarse. Non vou citar o cóctel de despropósitos do ente político porque é de sobra coñecido. O obxetivo era liberar dunha forma simbólica a democracia que ten secuestrada a cúpula politica e os intereses partidistas, e mostrar que o pobo só goberna sobre o pobo.

Onde vístedes as noticias?

Xornais ( el País ,la Voz de Galicia) e medios televisivos ( TVE)

Como valoras esa información?

Relativamente completa

Que lle faltaba esa información?

Posiblemente máis precisión. Declaracións policiais, ou deses axentes que actuaron directamente nas cargas. Asi como non só ceñirse ós afectados deasas cargas, senon tamen ós que provocaron certa tensión. O de sempre, botei de menos a auténtica verdade.

Que pasou no pleno do congreso ?

Nada. A protección e o aislamento coa realidade que se sostiña fora non facían preocupar ós deputados ali presentes ( 50 de 350). Nas  intervencións dos correspondenters portavoces foi inevitable referirse á manifestación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario