jueves, 11 de octubre de 2012

SOBRE O HIPERVÍNCULO.


Non discuto a intención e necesidade do sistema "hipervínculo". Unha feramente que se podería definir como "información dentro de información", unha viaxe na rede na procura e achega de documentación exposta de diferentes manifestacións ( texto, video, son...) á que realmente se mostra no seu primeiro termo. Unha biblioteca virtual que amplia conceptos nun sentido infinito. Pero, como todo ten o seu inconvinte, non sei se levado polo ritmo do mundo ou dos intereses económicos agora esta ferramenta pode desvariar do seu significado e intención orixinal, pódenos conducir a intereses publicitarios , desviándonos do noso camiño cara información, ou contaminar ésta con unha intención de tapar as demáis que poderian competir ca mesma. Ademáis existe un perigo de infoxicación no que realmente ante a variedade mostrada non poidamos recatar nada para o nosos interese.

1 comentario:

  1. Sen vínculos ou enlaces non se podería falar de hipertexto, nin de redes, polo tanto os enlaces son consustanciais á estrutura do hipertexto, sobre os que se basea a WWW.

    ResponderEliminar